martes, 21 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN



            Rematado segundo curso é moi importante que os nenos e nenas descansen e que disfruten deste verán como recompensa do esforzo realizado. O vindeiro curso comezarán terceiro, por iso lles recomendo que adiquen unha pequena parte do seu tempo a repasar o que aprenderon. Axudaralles a entrar con bo nivel de partida no novo curso escolar. Sobre todo deben ter en conta:

MATEMÁTICAS:
  • Numeración:
                        Contar e escribir con letras do 0 ao 999 (do dereito e do revés). Realizar series (de dous en dous, de tres en tres, de cinco en cinco, de dez en dez).  Ordenar números de menor a maior e de maior a menor. Anterior e posterior.
  • Operacións:
                          Sumas, restas e multiplicacións con levadas. Repasar as táboas a miúdo para non esquecelas.  Iniciación á división (reparto).  Doble e metade. Terceira e cuarta parte.
  • Resolver problemas de sumas, restas, multiplicacións e divisións sinxelas.
  • O tempo. O reloxo: horas en punto, horas e media, horas e cuarto, horas menos cuarto.
  • O diñeiro: os céntimos e os euros.

LINGUA:
  • Lectura: Ler todos os días (contos e libros que lles gusten. Pódese aproveitar a guía de lectura). Realizar lecturas comprensivas. Procurar que lean textos diversos.
  • Escritura: Caligrafía: Realizar copiados para manter o trazo da letra. Realizar ditados de catro ou cinco frases. Repasar as regras de ortografía:   Escribir m antes de p e m antes de b;  As maiúsculas nos nomes propios de persoas, animais e lugares;  As maiúsculas á principio de frase e despois de punto. Practicar a descripción das persoas, dos animais, das cousas e das paisaxes. Realizar redaccións, por exemplo, despois de realizar viaxes, excursións ou recibir visitas de familiares.

FELICES VACACIÓNS!

jueves, 12 de mayo de 2016

TÉCNICA PICTÓRICA: O ESTARCIDO

Combinamos o traballo de fondo libre con témperas, mesturando diferentes cores, coa técnica do "estarcido". Resultou moi gratificante para as nenas e nenos.

miércoles, 13 de abril de 2016

CANCIÓN: "O LOBO". LETRA: MANUEL MARÍA. MÚSICA: SUSO VAAMONDE

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao escritor da Terra Chá luguesa, Manuel María Fernández Teixeiro. Neste senso, as alumnas e os alumnos de segundo van a aprender a canción "O lobo" do libro "Os soños na gaiola", para cantalo e asi celebrar esta data.

miércoles, 17 de febrero de 2016

O RELOXO

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS


TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

MEDIMOS COA REGRA

O CICLO DA AUGA

CANCIÓN DE LA TABLA DE MULTIPLICAR DEL 6

CANCIÓN DE LA TABLA DE MULTIPLICAR DEL TRES

CANCIÓN DE LA TABLA DE MULTIPLICAR DEL DOS